Hoxe, 30 de xaneiro, é o Día da Paz.
Na aula de natureza, estivemos falando de que é o que se pretende con esta conmemoración: que as persoas se respecten, axuden e non pelexen, que non haxa guerras...
Para traballar este día, estivemos contando dous contos nos que os animais compórtanse de xeito solidario uns con outros.
“Carta en el bosque” de
Susana Isern (editorial Cuentos de Luz). Nesta historia, hai un carteiro nun
bosque que entrega cartas con propostas de reconciliación, de cariño, para
atopar a mellor maneira de convivir… Os animaliños descubrirán que o autor
delas é o propio carteiro e quererán agradecerllo cunha grande aperta.
“Un hogar para Carlota” de Jo Clegg (editorial Blume). Narra como unha gaivota que viven na cidade, queda sen fogar cando unha brigada de limpeza o destrúe. A partir dese momento, comezará a busca dunha nova casiña coa axuda dun can, un gato e un rato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario