RECIBIMOS COUSAS
MOI ORIXINAIS!!
Dende
a aula de natureza, consideramos que é moi importante que dende pequenos
comecemos a espertar o interese dos nosos nenos polo coidado e protección do
medio ambiental, xa que o destino do noso Planeta está nas mans desta nova
xeración.
Aquí
tedes máis cousas que mandaron ao noso correo…
Brais, de Leiro, realizou un xogo de pesca para o que usou unha caixa de cartón, paus de brocheta, corda, imáns, restos de feltro e goma eva e pegatinas.
Chloé, de Sisán, fixo unha “sabana africana secreta” con cartón, tubos de papel hixiénico, palliñas e témpera sólida.
Valentina,
de Ribadumia A, elaborou un peto, un cadro e un xardín con anacos de tea de
sacos de patacas e cebolas, lata de millo, cartón, tapas de botellas, caixas de
galletas, botella de leite e follas de xornal.
Jose, de Sisán, utilizou un bote de Nesquik , depresores de madeira e pegatinas publicitarias para facer un peto.
Paula, de Leiro, cunha botella de auga, un cartón de leite, goma eva e pegatinas confeccionou dúas cestiñas.
Alma,
de Ribadumia B, realizou unha galiña, un floreiro, flores e un verme utilizando
tapas de botellas e un cartón de ovos.
Manu,
de Ribadumia B, elaborou un acuario, un barco pirata, unha guitarra e unha
batería. Para todo isto, usou cartón, botella de plástico, madeira, fío de
pesca, paus de xeado, cubos de pintura e unha tarteira.
Mar, a mamá de Manu, tamén mandounos ao correo un vídeo do seu fillo tocando a batería feita con material de refugallo.
HAI MOITO LIXO AO QUE
PODEMOS DAR UNHA SEGUNDA VIDA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario