domingo, 30 de octubre de 2022

MAGOSTO-SAMAÍN

Este venres, 28 de outubro, celebramos no CRA de Ribadumia a festa do Magosto-Samaín.

Tiñamos adornado o colexio, pero o ANPA tamén o puxo precioso por fóra.


Os nenos trouxeron cabazas decoradas nas casas para expoñer.

Como facemos conxuntamente o Magosto e o Samaín, tamén aportaron castañas e carozos e piñas para asalas. As persoas que realizaron esta labor foron membros da ANPA de pais/nais de alumnos.


CANTO TRABALLARON!!

Para comezar, recibimos a visita da Banda de Música de Ribadumia que veu en representación da Escola de Música de Ribadumia. Amosáronnos, e ensináronnos os nomes, dos seus instrumentos de vento, deleitáronnos con algunhas cancións e todos os nenos que quixeron tiveron a oportunidade de probar como soaban elixindo o que máis lles gustaba.

Despois os alumnos, en grupos pequenos, estiveron rotando por tres talleres:

                                            De contacontos de medo 


Colorear unha careta de catrina


Circuíto de medo



Continuamos merendamos riquísimos doces que trouxeron as familias dos nenos de 5 anos.


Tamén tivemos un ratiño de patio, ata que comezou a chover…

E para a última parte da mañá, tivemos a representación da obra “La ensalada de la bruja” a cargo das profesoras Montse e Olalla. Nela, a mestra Malú, fixo de narradora.

CANTO RIMOS!! GRAZAS PROFES!!

Tamén os nenos bailaron a canción dos esqueletos que estiveron preparando na aula de música coa mestra Olalla.



TODOS ANIMÁMONOS A BAILAR CON ELES!!

ENCANTOUNOS OLALLA!!

Tiñamos preparada a carreira solidaria “A volta ao Cole” coa pretensión de correr para que todos os nenos enfermos de leucemia poidan volver ao colexio. Debido a que estaba chovendo, tivemos que facelo dentro dando voltas todos xuntos en dúas rodas cuns dorsais que nos enviaron.



As familias deron un donativo, que servira para seguir impulsando proxectos de investigación sobre esta enfermidade.

Para rematar a mañá cada neno levou nun bolsiño, que prepararon nas aulas con cartóns de leite que trouxeron das casas, un puñado de castañas asadas para degustar en familia.

Non queremos acabar esta entrada sen antes dar as GRAZAS á Banda de Música de Ribadumia, aos membros da ANPA pola súa colaboración e axuda e ás familias pola súa presenza e aportacións para celebrar esta festa.

martes, 18 de octubre de 2022

TEMOS PLÁSTICOS NOVOS NO INVERNADOIRO!

No mes de setembro, á volta das vacacións de verán, atopámonos con que os plásticos do noso invernadoiro romperan debido ao calor e ao vento.

Mercamos uns novos, e onte os operarios do Concello viñeron para poñelos.



Agora temos que quitar as malas herbas para poder comezar a plantar as verduras, que os alumnos levaran ás súas casas para degustar en familia.

Dende o CRA de Ribadumia, queremos dar as grazas ao Concello e aos seus operarios por axudarnos a arranxar os problemas de infraestrutura que van xurdindo no noso colexio. 

domingo, 16 de octubre de 2022

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, e o Día da Alimentación.

O lema deste ano é “Non deixar a ninguén atrás”. Este 2022 atopámonos cunha pandemia, conflitos, o quentamento do clima que non para, subidas de prezos, desigualdades… Todo isto afecta á seguridade alimentaria mundial.

Necesitamos construír un mundo onde todos, en todas partes, teñan acceso a suficientes alimentos nutritivos.

Queremos amosarvos un vídeo onde estudantes de Cuba, Exipto, Italia, Ruanda e Irlanda cantan “Todos estamos conectados!”. Con esta iniciativa, queren que coñezamos que cousas podemos facer para lograr un futuro con alimentos para todos.

Na aula de natureza, estas semanas, estamos explicando aos nosos alumnos que hai que comer alimentos sans e non desperdiciar a comida, xa que existe moita xente non mundo que ten falta dela.  

Tamén estamos vendo, utilizando un semáforo, que alimentos debemos comer todos os días, cales algúns e que outros debemos tomar pouco para lograr ter unha dieta saudable.

viernes, 14 de octubre de 2022

PLANTANDO CICLAMEN

 Como xa quitamos as malas herbas do xardín, comezamos a plantar para enchelo de cores.

Os primeiros en realizar esta tarefa foron os nenos da aula de Ribadumia B.

Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

lunes, 10 de octubre de 2022

LIMPANDO O XARDÍN

Estos días, entre todas as aulas do CRA, estivemos limpando o xardín para poder plantar flores e enchelo de cores. 

As malas herbas van ao composteiro para facer compost.




martes, 4 de octubre de 2022

DÍA DOS ANIMAIS

 Hoxe, 4 de outubro de 2022, é o día dos animais.

Esta data, promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, ten como obxectivo frear a extinción de moitas especies.

A mellor forma de celebralo é respectando a todos os seres vivos que conviven connosco no Planeta e loitando a favor destes seres peludos, con plumas ou escamas que viven ao noso arredor pero que non poden alzar a voz para reclamar os seus dereitos.

La aula de Natureza estivemos lendo un conto de María José Rodríguez que se titula “Galgui”. A través del, puidemos coñecer as aventuras deste canciño abandonado, e de Diego, o neno que o salva e lle atopa un bo fogar.

A nosa intención con esta lectura era ensinar aos nenos a amar aos animais como a un membro máis da familia.

Cada neno/a debuxouse ao lado de Galgui para demostrar que o coidarían como o fixo Diego.