Un
curso máis volvemos a participar no Programa “aliméntate ben”, co que se pretende
traballar a alimentación saudable.
Esta semana, dentro deste programa, tivemos o obradoiro “Fai clic ao teu bocata” e recibimos a visita de Mar, Roi e Alex que son uns científicos que estudan aos peixes, e que viñeron para ensinarnos o bo que é para a nosa saúde o seu consumo en conservas. Os nenos coñeceron os seus nomes, como son, os aparellos que utilizan os pescadores para collelos e como se enlatan.
Despois déronnos uns deliciosos bocadillos que contiñan sardiñas, queixo, leituga e tomate.
E deixaron todos estos agasallos
para cada nenos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario