Onte,
30 de abril, tivemos a festa dos Maio no C.R.A de Ribadumia.
Como
todos os anos, as familias colaboraron traendo fiúnchos, flores, ovos
baleiros, laranxas…
Durante
a mañá realizamos diversas actividades:
Montamos
o Maio.
Fixemos,
na entrada da escola de Leiro, o cartel desta celebración con flores, paus e
pedriñas.
Os
nenos elaboraron cadenetas de pampullos e ovos para adornar o Maio.
Grazas
ao programa educativo “Apúntate á compostaxe” de CEIDA (en colaboración coa Deputación de Pontevedra), tivemos a visita de Rocío que trouxo con ela
ao caracol Ecocol e veu para explicarnos que é a “terra máxica” (compost), que
cousas podemos utilizar para facelo e que animaliños axudan a elaboralo. Tamén xogaron,
cos cinco sentidos, a adiviñar cousas que poden formalo e viron un vídeo de Pepa Pig no que esta familia ensina aos nenos como se fai o reciclaxe dos
residuos orgánicos domésticos e como os pequenos bichiños comen estes restos
para producir o compost. E para finalizar plantaron unha faba nunha maceta de
cortiza reciclada.
Merendamos
riquísimos doces elaborados polas familias dos nosos alumnos.
Para rematar a festa, familias, mestres e nenos, bailamos ao redor do Maio acompañados
do grupo musical Demos da Petaca (agasallo da ANPA do nodo colegio).
No hay comentarios:
Publicar un comentario