Nas aulas do CRA de
Ribadumia están traballando o conto " Cartas
de Felix o explorador ". A través das misivas que Felix (a lebre
protagonista) envía a súa amiga Sofía, os alumnos están coñecendo moitas cousas
dos países que vai percorrendo.
Este curso iniciouse coa súa
visita “ A Selva Amazónica “. Mestres e alumnos, cos
libros da nosa biblioteca e o material que aportan as nosas familias, estamos
coñecendo moitas cousas desta rexión de América do sur (animais, plantas, froitos…).
Para colaborar con este proxecto, na aula de natureza decidimos
transformar a nosa biblioteca nunha "pequena Selva Amazónica"…
Aquí tedes algunhas fotos do
que fixemos:
-Para
entrar na biblioteca elaboramos unha cortina de lianas con follas de cartolina
pintadas polos nenos.
-Polo
teito colgamos lianas nas que penduramos follas e animais da Selva Amazónica.
-Ensinamos
aos alumnos a debuxar animais desta rexión paso a paso. Despois pintáronos
e cada un pegou o seu nun mural da selva realizado en papel continuo.
Quedou fermoso!!!
ResponderEliminarGrazas
ResponderEliminar