Hoxe, mércores 16 de outubro, é o Día Mundial da Alimentación.
Este
ano, baixo o lema “ Agricultura
familiar: Alimentar ao mundo, coidar o planeta “, a FAO (Organización das
Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) pretende facer fincapé na
necesidade de valorar o importante papel da agricultura familiar, e os pequenos
agricultores, na erradicación da fame e
a pobreza no mundo.
Nós,
na aula de natureza, estivemos falando sobre cal é a finalidade da celebración
deste día:
- -Que
consumamos alimentos sans (froitas, verduras, peixe, cereais…)
- -Recordarnos
que hai persoas, en moitos países, que morren de fame por non ter alimentos
suficientes ou necesarios para sobrevivir.
Tamén,
aproveitando este acontecemento, iniciamos un proxecto sobre as hortalizas a
través do que imos traballar: os seus nomes, a súa clasificación atendendo a
parte da planta que comemos, os seus cores, inimigos…
A nosa primeira actividade
foi elaborar a portada…
No hay comentarios:
Publicar un comentario