Cando morre unha planta do noso xardín,
recollemos as súas sementes e gardámolas para volver a plantalas cando sexa a
súa época.
Como temos moitas decidimos facer un libro de
sementes no que, en cada folla vai aparecendo:
- Nome da planta e unha foto da mesma
- Unha pequena mostra da súa semente
Cando
rematemos, cada neno levará o seu libriño para casa.
Ata
agora só fixemos a portada…
Pronto
amosaremos algunhas das plantas que estamos incluíndo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario