Para este curso 2013-14 o programa de educación medioambiental VOZ NATURA volveu a aprobar o noso proxecto "O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE DEPENDE DE TODOS ¡PROTEXÁMOLO!".
Todas as actividades que imos realizar van encamiñadas a que os nosos alumnos:
- Descubran o proceso de crecemento dalgunhas plantas, as súas características, coidados e as técnicas de cultivo tradicionais.
- Coñezan a orixe dos alimentos que tomamos.
- Recoñezan a importancia do emprego de abonos naturais para o xardín e invernadoiro (elaboración de compost).
- Aprendan a:
- Separar residuos orgánicos dos inorgánicos a través da recollida selectiva.
- Reutilizar algúns (botellas de plástico decoradas para facer macetas, medias vellas para
facer saquiños de herbas aromáticas...).
- Coñezan a importancia da terra, sol, aire e auga, no só para as plantas senón tamén para todos os seres vivos.
- Desenvolvan comportamentos responsables respecto a tarefas de interese común e, aprendan a traballar en equipo.
Ademais como este ano VOZ NATURA, na súa XVII edición, pretende chamar a atención da necesidade de actuar sobre os ríos e as praias, no noso centro, imos a aproveitar para realizar un proxecto sobre a auga a través do que non só investigaremos para que serve, quen viven nela, o seu ciclo..., senón que tamén traballaremos as causas da súa contaminación (ríos, praias...) e como poder evitala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario