lunes, 5 de marzo de 2012

OS NOSOS BOSQUES

Este curso 2011-12, a fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, aprobou o noso proxecto “A conservación e  protección da natureza é cousa de todos” para participar na súa 15ª edición do seu programa medioambiental de Voz Natura.
Baixo o lema “REFORESTEMOS”, este ano ten como protagonistas OS BOSQUES aos que debemos considerar como un elemento clave para o desenvolvemento do noso Planeta por todos os beneficios que nos proporcionan

COMEZAMOS…

A partir de hoxe, iniciamos a andaina deste blogue de natureza a través do que pretendemos amosarvos todo o que imos facendo coa finalidade de que os nosos alumnos vaian adquirindo valores, hábitos e actitudes positivas cara a conservación da súa contorna.
Algunhas das cousas que estamos aprendendo son: os nomes dalgunhas plantas e árbores e as súas características, as normas de utilización das ferramentas de traballo do xardín, a separar os residuos orgánicos dos inorgánicos a través da recollida selectiva e a reutilizar algúns deles, facer compost utilizando follas secas, a pel das froitas…
Esperamos que, a través de todas as experiencias e traballos que  ensinaremos neste blogue, todos xuntos poidamos implicarnos no coidado da nosa contorna para que o día de mañá os nosos fillos poidan gozalo.