domingo, 16 de mayo de 2021

DE RUTA POLO CONCELLO DE RIBADUMIA

As nosas familias xa mandaron moitas propostas para percorrer Ribadumia en familia.

Xa temos algunhas como: A Ruta da Pedra e da Auga, Xacementos Arqueolóxicos do Monte do Castro, muíños do Batán e de Lois, Ponte dos Padriños, Igrexa de Santa Baia de Ribadumia... 
































sábado, 15 de mayo de 2021

MÁIS RECEITAS DAS NOSAS FAMILIAS

Sonia, a mamá de Sofía de Ribadumia B, mandounos unhas fotos da tortilla que fixeron con patacas, ovos, cebola e as acelgas que lle tocaron.

MIRADE QUE TORTILLA MÁIS APETITOSA!

Sofía di que estaba DELICIOSA!

As que lle sobraron, conxeláronas para repetir a receita.

CABAZAS

Hoxe, día do Agricultor, queremos colgar as fotos dos nenos de Sisán plantando as cabazas que Vanesa, a mamá de Mario, tróuxonos para poñer no noso xardín.


Máis fotos AQUÍ.

Esperemos ter moitas para a celebración do Magosto-Samaín do vindeiro curso.

MOITAS GRAZAS VANESA!

Tamén queremos felicitar a todos os nosos pequenos agricultores que, co seu traballo e esforzo, acadan que teñamos un xardín tan bonito e unha gran colleita de verduras e hortalizas.

martes, 4 de mayo de 2021

OUREGO

¡Outra aromática máis para o noso xardín!

Esta vez, foron os alumnos de Ribadumia B os encargados de plantar ourego.


Neste ENLACE podedes ver máis fotos.

QUE RICO NAS PIZZAS!