sábado, 21 de marzo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional dos Bosques.

As árbores son esenciais para manter a vida na Terra e desempeñan un papel moi importante na loita contra o cambio climático.

Na aula de natureza estivemos falando do valiosas que son xa que axudan a limpar o aire, son refuxio para moitos animais, dan froitas e sombra…

Despois estivemos lendo dous contos:

-"La pequeña bellota", que narra o ciclo de vida do carballo.

-"Árbores no camiño", onde un neno chamado Karim pérdese ao separarse da súa mamá e, rodeado de árbores e animais o seu medo inicial da paso á protección que lle ofrece a nai natureza como un máis dos seus fillos. 

Este amparo ten que ser recíproco, e nós tamén debemos respectalos e preservalos para garantir a súa rexeneración e función ecolóxica a longo prazo.

Despois, para lembrar esta data e a súa importancia, fixemos unha actividade que consistía en que cada nen@ tiña que debuxar unha árbore, plasmando a súa propia percepción da mesma. 

Despois eliximos tres delas, e elaboramos unha chapa para que cada alumn@ puidera levala a casa para lembrar esta conmemoración.




No hay comentarios:

Publicar un comentario