viernes, 31 de enero de 2025

XA TEMOS BRÓCOLI!!

O brócoli que plantamos no invernadoiro xa está listo para a colleita, polo que estamos facendo o seu sorteo entre o noso alumnado. Deste xeito poderán preparar nas casas riquísimas e saudables receitas con el.




ESTAMOS DESEXANDO VER AS RECEITAS E

AOS NENOS COMENDO ESTA VERDURA!!      

jueves, 30 de enero de 2025

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Na aula de natureza, estivemos vendo o logo da paz e tamén algúns símbolos como a pomba cunha ramiña de oliveira, as mans pintadas de branco (xa que a cor asociada a esta data e o branco)...

A continuación preguntámoslle aos nos@s alumn@s que significa para eles a palabra paz e cal será a razón de conmemorar esta data. As respostas que máis deron foron: para que non pelexemos, compartamos e axudemos aos demais e para que non haxa guerras.


Despois estivemos lendo un precioso conto títulado “La última avellana” que   conta como Tim e Teo, dos animais que son amigos, enfádanse cando dunha cunca de abelás que comparten desaparece a última.

Con esta lectura o que tratamos de transmitirlles é o importante que é a amizade e aprender a compartir.


Para rematar os nenos escribiron esta data e o que celebramos e debuxaron aos dos amigos (un esquío e un coello) coa axuda do libro “Como dibujar animales”.

viernes, 17 de enero de 2025

TEMOS FROITOS NO NOSO GUAYABO-FRESA

Esta semana estivemos collendo as froitas que estaban maduras do noso guayabo-fresa. Despois @s alumn@s probáronas. É unha froita pequena e redonda, coa pel vermella e a polpa rosada. Non lle gusta a todo o mundo, xa que o seu sabor e algo ácido (aseméllase ao limón). 

jueves, 16 de enero de 2025

ENCHEMOS DE CORES O NOSO XARDÍN

Aínda que estamos no inverno, queremos que o noso xardín este cheo de cores. Por iso, cando o tempo o permite, continuamos limpándoo e plantando flores. Para seguir con esta tarefa @s nen@s de Ribadumia A estiveron plantando pensamentos. 



jueves, 9 de enero de 2025

COLLENDO LARANXAR DO NOSO LARANXEIRO

@s alumno@s de Lois estiveron collendo algunhas laranxas, do nosos laranxeiro, que xa estaban maduras e listas para comer. Cada nen@ levou dúas para degustar na casa.