Estivemos plantando máis flores no xardín, para que quede bonito e con moitas cores.
LEIRO – PENSAMENTOS
RIBADUMIA B - VIOLAS
Estivemos plantando máis flores no xardín, para que quede bonito e con moitas cores.
LEIRO – PENSAMENTOS
RIBADUMIA B - VIOLAS
Esta semana, como no choveu, fixemos moitas cousas..
@s
alumn@s de Leiro plantaron boca de dragón nunha das rodas-maceta que temos.
Unha
das curiosidades desta planta é que se prememos lixeiramente a flor aos lados,
ábrese como se fose a boca dun dragón.
@s nen@s de Ribadumia B, Lois e Ribadumia A estiveron limpando o xardín.
MIRADE QUE LIMPO QUEDOU!!
E @s alumn@s de Sisán plantaron ciclamen.
Esta
semana, aínda que choveu algúns días, puidemos comezar a plantar no
invernadoiro.
Despois de ler os contos de “Dhor el compostador” e “Frantisek el del compost”, que explican o importante que é para as verduras que plantamos utilizar compost, estivemos colléndoo do noso composteiro para botalo na terra do invernadoiro antes de plantar. Deste xeito enriquecerémola e lograremos que as nosas verduras sexan máis ricas e saudables.
Para aprender o que podemos utilizar para facer o compost, nunha folla rodeamos o que si se pode utilizar para elaboralo é tachamos o que non.
Despois
plantamos no invernadoiro…
LEIRO E LOIS – BRÓCOLI
RIBADUMIA B - REPOLOS
SISÁN - COLIFLOR
Este
venres, 1 de novembro, fixemos a festa
do Magosot-Samaín no CRA de Ribadumia.
As
familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e tamén castañas, e carozos e
piñas para asalas.
Durante a
maña realizamos moitas actividades:
Lemos contos de medo…
Realizamos o paseo do terror que preparou o ANPA…
Tivemos
un taller de experimentos que prepararon David e María. Nel faláronnos dalgunhas científicas importantes, cambiaron de
cor líquidos, facer aparecer obxectos agochados botando auga a bolas de
hidroxel, sacar unha lata dunha cunca soprando, meter un globo nunha botella,
lograr que voe unha pelota cun secador, crear reaccións de líquidos en probetas…
A continuación merendamos deliciosos doces terroríficos que fixeron as familias nas casas.
Despois
algunhas mestras representaron a obra de teatro “Os Malotes”.
Para rematar, @s nen@s bailaron unha canción que prepararon coa mestra Olalla, a bruxa Hermelinda preparounos unha beberaxe máxica e @s alumn@s levaron castañas que estiveron asando algúns papás e avós.
Queremos
dar as grazas á ANPA por todo o traballo que realizaron.
QUE COUSAS TAN BONITAS FIXERON!!
QUE BEN O PASAMOS!!