miércoles, 16 de octubre de 2024

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, é o Día da Alimentación.


Para conmemorar esta data, na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Nunca jamás comeré tomates”. Nel, un neno chamado Juán ten unha irmá chamada Tolola á que case non lle gusta ningunha comidas, pero sobre todo odia os tomates. Para poder darlle de cear, vai idear formas, procedencias e divertidos orixes de cada un dos alimentos que ela detesta, para que acabe coméndoos con gusto.


Despois estivemos falando de cales son os alimentos dos que debemos tomar máis cantidade, por ser saudables, e de cales menos. Comendo os sans, imos medrar máis fortes, ter máis enerxía para xogar, aprender, fortalecer os nosos ósos e músculos e protexernos das enfermidades.

Tamén non debemos desperdiciar a comida, xa que hai moitas persoas no mundo que pasan fame por non dispoñer dela.

viernes, 4 de octubre de 2024

DÍA DOS ANIMAIS

 Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.

Para conmemorar esta data estivemos falando do importante que é coidalos e protexelos, sobre todo as moitos deles que están en perigo de extinción (o pingüín, a tartaruga, o orangután, o tigre, o elefante, o rinoceronte…)

Despois estivemos lendo dous contos:

“El caracol y la ballena” (editorial Bruño). Onde un pequeno caracol e unha balea fanse amigos e viaxan xuntos percorrendo mundo. Pero un día a balea vese en perigo, e o seu compañeiro de aventuras terá que buscar a maneira de axudala.

“Cuentos Cortos de animales en peligro: Lula la tortuga” (editorial Bruño). Que narra como unha pequena tartaruga recen nacida, é a única que sobrevive aos depredadores grazas a un neno do que nunca se esquecerá. Moitos anos despois, cando xa é grande, volve á mesma praia para desovar e atópase co neto dese neno ao que o seu avó lle contou a historia de como salvou unha tartaruga.

Para rematar, cada alumn@ debuxou un animal en perigo de extinción. Para que esta actividade fora máis doada de realizar, utilizamos o libro “Como dibujar animales” (editorial Susaeta).

Pedimos ás familias que mandarán algunha foto dos animais que teñen na casa, e a vindeira semana cada nenos explicará aos seus compañeiros como se chaman, que cousas fai con el, como o coidan…

Coas fotos de todas as mascotas, faremos un mural por aula.