Onte,
venres 12 de abril, realizamos unha saída á Comunidade de montes de Baroña
(Porto do Son) invitados por eles e a Universidade de Vigo dentro do Proxecto Multiforest.
Esta actividade puidemos realizala grazas a Xana, a mamá dun dos nosos alumnos,
que traballa na Universidade de Vigo na escola de Enxeñaría Forestal.
Unha
vez que chegamos alí, estivemos falando do importantes que son as árbores e de
todos os beneficios que nos proporcionan: limpan o aire, dan sombra e froitos,
son a casiña de moitos animaliños…
Despois plantamos castiñeiros, cerdeiras e freixos.
Para realizar esta tarefa un neno suxeitaba a árbore e os outros ían cubríndoa coa terra.
Tamén lle puxemos algún abono para favorecer o seu crecemento, reforzar as raíces e proporcionar maior resistencia contra as pragas e enfermidades.
Entre
todos os nenos do CRA de Ribadumia…
PLANTAMOS MOITÍSIMAS!!
Nesta
Comunidade de Montes, tamén teñen ovellas e vacas que van comendo a herba e
deste xeito contribúen a evitar os incendios.
Despois
de tanto traballar, merendamos para repoñer forzas...
Antes
de marchar déronlle aos nenos e mestres agasallos: unha bolsa, libreta, caderno
de actividades “descubrindo a madeira” e un lapis e unha buxaina de madeira.
Ademais tamén uns xogos de cartas de IMAXINA, para as aulas, no que hai que enlazar imaxes a través da madeira sostible.
QUE BEN O PASAMOS CONTRIBUÍNDO
A COIDAR O NOSO MEDIO AMBIENTE!!
MOITAS GRAZAS Á COMUNIDADE DE MONTES DE BAROÑA E SOBRE TODO A XANA, POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE REALIZAR ESTA ACTIVIDADE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario