martes, 30 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA NO VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, é o Día da Paz.

Na aula de natureza, estivemos falando de que é o que se pretende con esta conmemoración: que as persoas se respecten, axuden e non pelexen, que non haxa guerras...

Para traballar este día, estivemos contando dous contos nos que os animais compórtanse de xeito solidario uns con outros.


“Carta en el bosque” de Susana Isern (editorial Cuentos de Luz). Nesta historia, hai un carteiro nun bosque que entrega cartas con propostas de reconciliación, de cariño, para atopar a mellor maneira de convivir… Os animaliños descubrirán que o autor delas é o propio carteiro e quererán agradecerllo cunha grande aperta.


“Un hogar para Carlota” de Jo Clegg (editorial Blume). Narra como unha gaivota que viven na cidade, queda sen fogar cando unha brigada de limpeza o destrúe. A partir dese momento, comezará a busca dunha nova casiña coa axuda dun can, un gato e un rato.



lunes, 29 de enero de 2024

ALGÚNS ANIMAIS DOS NOSOS BOSQUES

Na aula de natureza, estamos cun proxecto ao que puxemos por título “Camiño do bosque: flora e fauna galega”. A través del, primeiramente estamos coñecendo algúns animais dos nosos bosques.

Como algúns deles están en perigo de extinción (lobo, gato montes, cervo, corzo, oso pardo…), utilizamos dous contos para explicarlles aos nosos alumnos algunhas das causas e como as persoas podemos evitalas.


“La tortuguita y el mar” de Becky Davies (editorial Bruño) e “Ona, princesa del mar” de Amparo Martín Chaparro (editorial Babidibú), son dúas historias a través das que queren que sexamos conscientes da cantidade de lixo que se tira no mar e nos bosques, e o perigo que supón para os animais que viven nestes hábitats.



viernes, 26 de enero de 2024

BOTÓNS DE OURO E ZAPATIÑOS DE VENUS

 Esta semana, como estivo chovendo, só puidemos plantar o xoves e o venres.

As aulas que realizaron esta tarefa foron:

RIBADUMIA A – BOTÓNS DE OURO


Tedes máis fotos pinchando AQUÍ.

SISÁN – ZAPATIÑOS DE VENUS

Neste ENLACE podedes atopar máis fotos.

viernes, 12 de enero de 2024

COL DECORATIVA E CINERARIAS

O tempo non esta permitindo que poidamos plantar moito no xardín e invernadoiro. Pero esta semana puidemos facelo o xoves e o venres.

Así, os nenos de Ribadumia A plantaron coles decorativas no xardín…


Máis fotos pinchando AQUÍ.

E os de Sisán cinerarias.


Neste ENLACE hai máis fotos.

Tamén aproveitamos para que os alumnos puideran regar as verduras do noso invernadoiro.