viernes, 19 de diciembre de 2025

BO NADAL!!

 Dende a aula de natureza queremos desexar a todos, un bo Nadal e un Próspero Aninovo.

 FELICES FESTAS!!

viernes, 12 de diciembre de 2025

SUPERHEROE DO MEDIO AMBIENTE

Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “SOS monstruos verdaderos amenazan al Planeta”.

Este libro, describe todas as ameazas medioambientais que hai contra o noso Planeta, e ponlle a cada unha o nome dun monstro. Voan sobre as nosas cabezas, viven nas profundidades do mar e incluso agóchanse nos sumidoiros. El Caldosauro aliméntase do fume dos coches e dos avións, o Talacoco ao que lle gusta cortar árbores, o Octoplástico vive como peixe na auga grazas a todas as latas de refrescos, cabichas, plásticos... que tiramos ao mar, a Esmogodón encántalle o fume da contaminación e o po que hai no aire…, así ata 22.

Tamén conta que accións podemos facer para debilitalos, e cales non debemos realizar xa que os poñen máis fortes.

Para poder derrotalos ademais de necesitar Superheroes como @s nen@s, tamén decidimos crear o noso da aula de Natureza.

Para isto, cada alumn@ fixo un debuxo de como se imaxina que ten que ser e puxolle un nome.





Cando os teñamos todos, entre todas as mestras do CRA, elixiremos cal nos vai representar e axudaranos a coidar o Planeta.

viernes, 5 de diciembre de 2025

EU SON DO MARRÓN

Esta semana vimos un anuncio, no xornal da Voz de Galicia, de que o concello de Lalín sumouse a campaña “Eu son do marrón” da Xunta de Galicia. Esta iniciativa pretende mellorar e incrementar a compostaxe de residuos orgánicos.

Iniciase con charlas informativas para explicar o uso correcto dos composteiros e a xestión do lixo orgánico. Despois, repártense cubos domésticos para almacenar estes restos de comida, mondas de froitas… E polas rúas hai contedores de cor marrón para que a xente, cunha chave, poidan abrilos e depositar o que acumulou nos seus cubos.

Nós, na escola, tamén realizamos esta tarefa aínda que o noso composteiro e de cor verde. Nel botamos mondas de froitas das merendas, herbas malas que recollemos ao limpar o xardín, follas… Cando xa temos compost, poñémolo no invernadoiro mesturado coa terra para que as nosas verduras medren máis e sexan máis saudables.

Relacionado coa compostaxe, limos un conto moi bonito titulado “Aqueles monstros anciáns que viven baixo a terra” da campaña de compostaxe de Sogama. Os protagonistas son tres bichiños que se chaman Rufo, Pedro e Coco, que viven baixo a terra onde pasan o tempo comendo os restos orgánicos que logo converten nunha terra máxica que aporta nutrientes moi bos ás verduras que logo serven de alimento.


NO CRA DE RIBADUMIA TAMÉN SOMOS DO MARRÓN!!

ÁRBORE DE NADAL CON MATERIAL DE REFUGALLO

Na aula de natureza, fixemos unha árbore con reutilizando tubos de papel hixiénico e anacos de papeis que non servían (están escritos por unha cara pero os gardamos para usalos para outras cousas).

Para elaboralo pintamos papeis de verde e marrón, a continuación botámoslles pegamento e empaquetamos tubos de papel hixiénico con eles. Despois coloreamos de cores estrelas, bolas e campás pequenas, e puxémoslle brillantina. E para rematar, pintamos de verde as bases redondas onde apoiar os tubos.


A QUE QUEDOU BONITA!!