sábado, 22 de marzo de 2025

DÍA DA AUGA

                                              Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día da Auga. 

Na aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas que temos que facer para non malgastala: cerrar a billa mentres cepillamos os dentes ou enxaboamos as mans, ducharnos en vez de bañarnos, regar con regadeiras mellor que con mangueiras…

Nós, para aforrar auga, temos dende o curso pasado un dispensador de auga para recoller a da choiva e regar con ela as verduras do invernadoiro e as plantas do xardín.


Tamén estivemos lendo un conto titulado “¿Por qué llueve?” de la colección Mis primeras preguntas de la editorial Usborne. Este libro, con simpáticas ilustracións e despregables trata de aclarar moitas cuestións sobre os fenómenos climáticos que intrigan aos nosos pequenos científicos: Por que chove?, Como se forma o arco da vella?, cal é a temperatura do sol?, de onde ven o vento?, Cal é a razón pola que relocen os relampos?...



E para rematar, miramos dous vídeos sobre o ciclo da auga e os seus estados.  






viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O 21 de marzo conmemoramos o Día dos Bosques.

Na aula de natureza estivemos lendo dous contos:

“Mucki y la mariposa Marina” de Andrés Labrador (editorial Langenscheidt). A través das súas follas coñeceremos a historia de “O avó”, que é a árbore máis vella dun monte, e Marina, unha bolboreta que vive no seu tronco. Pero un día escoitan un ruído atronador e Mucky, e este pequeno animaliño, tratarán de salvar á súa amiga xa que veñen para cortala.


“Por qué necesitamos árboles” de Katie Daynes (Mis primeras preguntas de editorial Usborne). Que explica o importante papel que teñen as árbores no noso Planeta.

Despois estivemos falando do importantes que son as árbores, e @s nen@s e entre todos estivemos enumerando todos os beneficios que nos proporcionan: limpan o aire, marcan as estacións do ano, producen osíxeno, dan madeira e sombra, son a casa de algúns animais, abonan para as plantas, baixan a temperatura do chan,  dan froitas, axudan a aforrar enerxía, baixan a temperatura do chan e tamén o enriquecen e proporciónanlle máis humidade , manteñen os ríos limpos, aforran auga e refrescan as rúas.

A continuación escribiron en cintas, con rotuladores permanentes,  todas estas cousas que non dan e tamén realizaron debuxos para decoralas.







Para rematar, fomos ao noso xardín e atamos cada cinta nunha árbore para que as persoas sexan conscientes de todos os seus beneficios, e así as protexan e traten con cariño.







lunes, 17 de marzo de 2025

CANTAS COUSAS FACEMOS PARA COIDAR O NOSO PLANETA!

Hoxe puxemos en marcha o noso caderno viaxeiro que leva por título “Cantas cousas facemos para coidar o noso Planeta!”, que vai percorrer os fogares do noso alumnado.

Debido ao maltrato que está sufrindo o noso ecosistema, todas as persoas somos necesarias para coidar o que fomos destruíndo e deteriorando, e así pouco a pouco reparar os danos ocasionados nel. Neste sentido @s nen@s son fundamentais xa que representan o futuro, por isto debemos ensinarlles a ser coidadosos co Planeta e a levar a cabo pequenos xestos a favor de mantelo san. Deste xeito, lograremos acadar que todo o que realizamos con eles para preservalo acabe converténdose nun hábito cando vaian medrando.

Estamos seguros de que nas casas as familias están facendo moitas cousas positivas para tratar de coidar e preservar o medio ambiente (reciclar, reutilizar, facer compost, aforrar luz e auga, plantar, usar transporte público ou bicicletas para contaminar menos, utilizar bolsas de tea para as compras…).

Por iso, queremos que nos mostredes algunhas delas a través deste caderno viaxeiro. Deste xeito, todos iremos aprendendo todo o que podemos facer e incorporándoo a nosa vida diaria.