domingo, 29 de septiembre de 2024

RECOLLENDO A COLLEITA DE FROITAS

Como todos os cursos, ao inicio, recollemos a colleitadas nosas árbores froiteiras.

Esta vez atopámonos con que case non tiñamos froitas debido a os paxaros e abellas que as comen, pero tamén a xente que entra no noso xardín as leva. Ao non ter cerrado esta zona estámonos atopando con moitos problemas como romper os plásticos do invernadoiro, botar lixo no contedor onde recollemos a auga da choiva ou abrir a billa e desperdiciala toda, levar plantas…

As únicas que puidemos apañar foron as castañas e os marmelos. 




O vindeiro curso, se volvemos a atoparnos co mesmo problema, serán outras aulas as que levaran a colleita.

sábado, 28 de septiembre de 2024

A NOSA TARTARUGA BORJA SEGUE MEDRANDO!!

A semana pasada @s nen@s novos puideron coñecela e os de 4 e 5 anos comprobaron que medrou máis despois de todo o verán.

Déronlle de comer e comprobaron que acaba todo rapidamente.

LEIRO

RIBADUMIA B


LOIS

RIBADUMIA A


SISÁN

Durante o curso todos terán a oportunidade de alimentala.

A partires do mes de novembro, e ata a primavera, soen hibernar polo que xa non come case nada. 

viernes, 27 de septiembre de 2024

UN NOVO CURSO POÑEMOS EN MARCHA A NOSA AULA DE NATUREZA

Este curso 2024-25, seguimos sendo un dos colexios que forman parte do Programa Medioambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Nesta 28º edición, quérese fomentar o coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medio ambiente.

No CRA de Ribadumia, consideramos que as escolas son centros de aprendizaxe e que é nelas onde se deben producir os máis importantes labores de concienciación e de sensibilización medioambiental.

Debido ao maltrato que está sufrindo o noso ecosistema, todas as persoas somos necesarias para coidar o que fomos destruíndo e deteriorando, e así pouco a pouco reparar os danos ocasionados nel. Neste sentido @s nen@s son fundamentais xa que representan o futuro, por isto debemos ensinarlles a ser coidadosos co Planeta e a levar a cabo pequenos xestos a favor de mantelo san. Deste xeito, lograremos acadar que todo o que realizamos con eles para preservalo acabe converténdose nun hábito cando vaian medrando.

Debemos tratar de evitar que esta xeración cometa os mesmos erros que nós, é educala para construír un mundo mellor e máis sostible. Por iso, teñen que aprender a recoñecer condutas correctas, e desenvolver valores que demostren unha forma diferente de ver a natureza.

A través do noso proxecto “Educando a pequenos guardiáns do Planeta dende a escola” o que pretendemos é:

- Fomentar o se interese polo coidado e mellora do entorno.

- Conseguir que comecen a aprender cousas acerca do medio que lles rodea.

- Que empecen a diferenciar cales son as accións negativas e positivas que se realizan en canto ao coidado do medio ambiente. E ir adoptando hábitos que poidan minimizar as negativas.

- Ampliar os seus coñecementos ecolóxicos en temas como a enerxía, o cultivo das plantas, a auga, as árbores, a alimentación etc…

- Que recoñezan a importancia do emprego de abonos naturais para o xardín e invernadoiro, a través da elaboración de compost coas mondas das merendas e herbas malas do xardín.

- Que aprendan a:

·         Separar os residuos orgánicos dos inorgánicos a través da recollida selectiva.

·         Reutilizar algúns (botellas de plástico, vasos de iogur, tubos de papel hixiénico…).

- Que sexan capaces de buscar información, na zona documental da nosa biblioteca, sobre os proxectos que realizamos para deste xeito enriquecer os traballos que se levan a cabo.

O conto será un recurso moi utilizado, xa que consideramos que para @s nos@s alumn@s de 3 a 6 anos é unha maneira máis amena e efectiva de traballar os problemas medioambientais, xa que soen identificarse cos personaxes e poñerse no seu lugar. A través del captaremos máis a súa atención e interese, atoparán unha explicación máis razoada a todo o que acontece, entenderán a súa importancia e incorporarán de forma máis natural todas as cousas que podemos facer para preservar o noso Planeta.