Esta
semana iniciamos as actividades da aula de natureza do CRA de Ribadumia.
Este
novo curso seguimos formando parte do Programa Medioambiental “Voz Natura” da
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Nesta 26º edición, baixo a premisa “O
teu consumo deixa pegada”, quere centrarse no consumo responsable, sostible e
respectuoso co medio ambiente.
No
noso colexio temos como obxectivo será utilizar todos os nosos recursos
educativos para que os alumnos coñezan mellor o seu entorno e saiban como e
porque deben coidalo.
Todas as actividades que realizamos van encamiñadas a que:
- Aprendan a plantar e realizar tarefas de limpeza do
xardín e invernadoiro.
- Saiban cal é a orixe dos alimentos que tomamos e
comprendan a importancia de comer san. Para acadar isto, realizamos o sorteo das
verduras que eles mesmos plantan, e as familias mandan fotos das receitas que
realizan con elas e dos nenos coméndoas.
- Recoñezan a importancia do emprego de abonos
naturais para o xardín e invernadoiro, a través da elaboración de compost coas
mondas das merendas e herbas malas do xardín.
- Aprendan a:
- Separar os residuos orgánicos dos inorgánicos a
través da recollida selectiva.
- Darlle unha nova vida a algúns (botellas de plástico
decoradas para facer de macetas, medias vellas para facer saquiños de herbas
aromáticas…).
- Coñezan as conmemoracións (día da
alimentación, dos animais, da reciclaxe, da enerxía, dos bosques, da auga…) que
pretenden sensibilizar sobre a importancia de protexer o medio ambiente, a
natureza e os seres que nela habitan.
- Sexan
capaces de buscar información, na zona documental da nosa biblioteca, sobre os
proxectos que realizamos para deste xeito enriquecer os traballos que realizan.
Na aula de natureza o conto será un recurso muy utilizado, xa que consideramos que para os nosos alumnos de 3 a 6 anos é unha maneira amena e efectiva de traballar os problemas do medio ambiente debido a que soen identificarse cos personaxes e poñerse no seu lugar. A través del captaremos máis a súa atención e interese, atoparán unha explicación máis razoada a todo o que acontece, entenderán a súa importancia e incorporarán de forma máis natural todas as cousas que podemos facer para preservar o noso Planeta.