sábado, 27 de marzo de 2021

miércoles, 24 de marzo de 2021

CORTIZA DE PINO PARA O XARDÍN

Os nenos de Leiro estiveron acolchando o noso xardín con cortiza de pino.

Ao botala estamos beneficiando as nosas plantas, xa que así a terra conserva a súa humidade e evitamos que medren moitas herbas malas.

lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O Día Mundial da Auga conmemórase o 22 de marzo, e o seu principal obxectivo e crear conciencia en toda a xente da importancia de coidar o chamado oro líquido para a vida dos seres humanos e das especies que hai na Terra.

Hai moitas persoas que non teñen acceso ao subministro de auga potable e hai que tomar medidas para solucionar este problema.

O tema deste ano 2021 é “Auga para frear o coronavirus”. Lavarse as mans é fundamental para cortar a transmisión do Covid-19 e outras enfermidades. Nós somos uns privilexiados xa que dispoñemos de auga e xabón para facelo, pero no mundo hai case tres mil millóns de persoas que non teñen como facelo.

Na aula de natureza escollemos como lema “Cada gota conta”, xa que temos que facer un uso eficiente da auga. Para logralo debemos ducharnos e non bañarnos, non deixar as billas abertas ao lavar os dentes, os pratos, as mans…, ter coidado coas fugas, non utilizar o inodoro como unha papeleira, a lavadora e o lavalouza prendelos cando estean cheos, regar mellor con regadeiras que con mangueiras…

Tamén traballamos que é o Ciclo da auga e cales son as súas fases.

domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O Día Internacional dos Bosques, celébrase o 21 de marzo de cada ano. 

O seu principal obxectivo, e crear conciencia en todas as persoas da importancia de coidar e preservar todas as areas forestais do noso Planeta.

A campaña deste ano 2021 ten como lema “Restauración forestal: un camiño á recuperación e ao benestar”. Con el quérese apostar pola recuperación dos bosques, xa que a súa desaparición xera gran cantidade de gases que provocan o calentamento do Planeta e a perda da biodiversidade.

Na aula de natureza estivemos lendo o conto “Árboles” de Lemniscates, que ademais de ensinarnos como cambian en cada estación e os espazos que ocupan, tamén conta todos os beneficios que nos aportan: dan sombra e froitos, son a casiña de animais, limpan o aire… 

Despois fixemos unha ficha para lembrar esta data, e buscar algunhas cousas boas que nos proporcionan as árbores e ir coloreando o seu marco.

viernes, 19 de marzo de 2021

PETUNIAS

Xa comezamos a ter noso xardín con flores de moitas cores.

Para seguir enchéndoo, os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando petunias.

Pinchando AQUÍ tedes máis fotos.

miércoles, 17 de marzo de 2021

TAXETES

 Hoxe, 17 de marzo, os nenos da aula de Lois estiveron plantando taxetes no nosos xardín.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

jueves, 11 de marzo de 2021

MÁIS RECETAS COS REPOLOS SORTEADOS!

Seguimos recibindo fotos das familias, nas que aparecen os nenos comendo as verduras sorteadas no colexio.

Neste caso María mandounos unha da súa filla, Carmen Blanco da aula de Ribadumia A, preparada para comer o repolo que lle tocou con carne e fabas.

Aínda que cústalle moito comer as verduras, estamos seguros de que como estas foron plantadas por eles foi máis fácil tomalas. 

QUE RICO TEN QUE ESTAR CARMEN!

María enviounos unhas fotos da súa filla Adriana, de Ribadumia B, comendo un riquísimo cocido co repolo que lle tocou no sorteo. Tamén di que lles gustou moito a todos.


QUE VEN COME AS VERDURAS ADRIANA!

Mónica mandounos fotos da súa nena Alba, de Ribadumia A, preparando e comendo tamén un cocido co repolo que levou da escola. Dinos que estaba riquísimo.


QUE CONTENTA ESTÁ ALBA CO SEU PLATO DE COCIDO CON REPOLO!

Patricia, enviounos unha foto da súa filla Marta (de Ribadumia B) intentando comer o repolo que lle tocou no sorteo. Aínda que non é o seu prato favorito, dinos que quedou xenial e moi saboroso engadido ao cocido que elaboraron.

MOI BEN POR MARTA TENTANDO COMER O REPOLO!

Na casa de Valentina, da aula de Ribadumia A, fixeron unha “crema de verdura co repolo do cole”. A súa mamá Elisabeth mandounos a receita:

- Cortar e lavar as verduras (cebola, cabaciña, cenoria, brócoli e repolo).

Refogamos a cebola e, unha vez que este pochada, botamos o resto das verduras removendo todo durante un minuto.

- Engadimos sal e cubrimos con auga.

- Deixamos cocer durante unha hora aproximadamente.

- Trituramos a crema, e xa esta lista para comer.

 ESTA CREMA TEN QUE ESTAR DELICIOSA!

MOITAS GRAZAS A TODOS POLAS FOTOS!

martes, 9 de marzo de 2021

PURÉ DE PATACAS CON REPOLO DO COLE

O título desta entrada e o nome que decidiu poñerlle Lara, da aula de Lois, á receita que fixo co repolo que lle tocou no sorteo das verduras que plantamos no invernadoiro. 

Tania, a súa mamá, dinos que quixo facer algo novo e por iso preguntáronlle cal era a súa idea para a elaboración. Ela díxolles que quería puré de patacas, pero tamén co repolo.

Para realizala utilizaron patacas, repolo, caldo de cocido, tacos de xamón e sal.

E os pasos a seguir foron:

- Pelaron e cortaron as patacas

- Lavaron e partiron en anacos o repolo

- Nunha olla puxeron a auga de caldo, engadiron as patacas e o repolo, botaron sal e deixaron cocer

- Pasaron todo polo batedor,

- Servírono nunhas cuncas engadíndolle unhas gotiñas de aceite de oliva extra, e adornando cuns tacos de xamón




TEN QUE ESTAR DELICIOSO!

MOITAS GRAZAS POLA RECEITA!

FRANCESILLAS

Continuamos enchendo de flores o noso xardín. Esta vez, foron os alumnos de Ribadumia B os encargados de plantar francesillas. Tamén ten outros nomes como ranúnculos ou marimoñas.


Tedes máis fotos se pinchades AQUÍ .

lunes, 8 de marzo de 2021

MARGARIDA DO CABO

Hoxe os nenos de Leiro estiveron plantando no xardín unha planta que ten moitos nomes: Margarida do Cabo, Estrela Polar, Matacabras, Dimorfoteca, Caléndula do Cabo…


Máis fotos neste ENLACE.

viernes, 5 de marzo de 2021

ACONDICIONANDO O XARDÍN

Co bo tempo, os nenos das aulas de Lois, Ribadumia A e Sisán saíron ao xardín para quitar as malas herbas e así acondicionalo para seguir plantando nel.



jueves, 4 de marzo de 2021

martes, 2 de marzo de 2021

PLANTANDO MÁIS BRÓCOLI NO INVERNADOIRO

Como xa temos espazo no noso invernadoiro, despois de sortear moitas das verduras que xa estaban listas para a colleita, decidimos seguir plantando para que todos os nenos poidan levar polo menos unha.

Esta vez foron os alumnos de Ribadumia B, os encargados de poñer brócoli.

Tedes máis fotos pinchando AQUÍ.