miércoles, 23 de abril de 2014

A AUGA

Na aula de natureza imos comezar un novo proxecto sobre a auga.
Estas son as primeiras actividades que realizamos:
A súa portada.


Experimentar e descubrir que a auga non ten nin sabor, nin olor nin cor.


jueves, 10 de abril de 2014

PATACAS E REPOLOS

O martes, foron os nenos da aula de Ribadumia B os encargados de continuar plantando no invernadoiro. Esta vez, as plantas elixidas foron: patacas (que trouxo a profe María) e repolos.

PATACAS 


REPOLOS
















Máis fotos AQUÍ.

viernes, 4 de abril de 2014

PEMENTOS E PORROS

Estamos enchendo, o noso invernadoiro, de verduras e hortalizas para que cando medren facer o seu sorteo entre os alumnos do CRA e tamén algunha receita para merendar no recreo.
O xoves foron os alumnos, da aula de Ribadumia A, os encargados de plantar porros e pementos.
                                                              
                                                          PORROS

 
                                                        PEMENTOS

Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

jueves, 3 de abril de 2014

COGOMBROS

Continuamos plantando no invernadoiro…
Esta vez, foron os nenos da escola de Lois os encargados de plantar cogombros…







Máis fotos neste ENLACE.

martes, 1 de abril de 2014

LEITUGAS PARA O INVERNADOIRO

Despois de que nos arranxaran o invernadoiro tivemos que botar abono. Unha vez máis, temos que dar as grazas a Albert e Ana (pais de Albert da escola de Sisán) que foron os que o trouxeron.
Como xa estaba todo listo comezamos a plantar leitugas cos alumnos da escola de Leiro.
Antes de realizar esta tarefa, na aula da natureza, estivemos poñendo as luvas, lembrando as normas de uso das ferramentas e como hai que facer para non estragar as plantas.
Aquí tedes algunha foto dos nenos plantando…

 
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.