jueves, 31 de enero de 2013

O INVERNADOIRO XA ESTÁ LISTO!

Temos que dar as grazas a Albert e Ana (pais de Albert alumno de Sisán) por darnos  terra dunha das súas leiras e abono, para poder rematar de arrancar os parterres do noso invernadoiro.
Co profe Rafa fixeron dous viaxes para traer a terra necesaria para cubrir os parterres e despois pasáronlle o restrelo para achanzala.


MIRADE QUE BEN QUEDARON!


DE PARTE DE PROFES E ALUMNOS…MOITAS GRAZAS PAPIS!

domingo, 27 de enero de 2013

GRELOS LISTOS PARA COMER!

Como xa medraron os grelos que plantamos no noso invernadoiro e están listos para comer, fixemos o seu sorteo entre os alumnos das distintas aulas. Estes son os nenos aos que lles tocou levalos.















        



         
  
                            
                                                                                         









                                                                                       
    

domingo, 20 de enero de 2013

COGOMELARIO

Para rematar co noso proxecto sobre os cogomelos, estamos facendo un cogomelario.


 
Trátase dun libriño no que van aparecendo, en cada folla, a foto e o nome dun cogomelo e nunha esquiniña un garfo e coitelo se é comestible e caveira se é velenoso.







OS COGOMELOS NOS XORNAIS


No noso proxecto sobre os cogomelos, tamén estivemos vendo que podemos atopar noticias relacionadas con eles nos xornais:
    
-        Sobre xente que se intoxica por comer algúns que son velenosos.
 



-       Para informar sobre as xornadas micolóxicas. Nelas, as persoas poden asistir para aprender máis cousas sobre cogomelos: os seus nomes, cores, cales son velenosos e cales comestibles, onde atopalos…

       

miércoles, 16 de enero de 2013

XA MEDRARON ALGUNHAS DAS VERDURAS DO NOSO INVERNADOIRO


Mirade canto medraron os grelos e as leitugas do noso invernadoiro!.




Nuns poucos días comezaremos a facer os sorteos entre os nenos das distintas aulas, para que poidan levalas ás casas e facer con elas riquísimas receitas…


Coas leitugas, tamén temos pensado (coincidindo co día que cada aula vai a Leiro) preparar unha receita para degustar na hora da merenda.