jueves, 9 de diciembre de 2021

BONSAI CUNHA PIÑA

Bonsai é una palabra de orixe xaponés que consiste en cultivar plantas e árbores en macetas, controlando o seu tamaño para que permaneza moito máis pequeno que o natural.

Na aula de natureza estivemos vendo como son e decidimos intentar facer algún bonsai  plantando as piñas dos piñeiros.






Agora temos que esperar para ver se medran.

domingo, 28 de noviembre de 2021

RESULTADO “ÁRBORE DO ANO EN ESPAÑA 2022”

Estamos moi contentos xa que rematou a votación da “Árbore do ano en España 2022”, é foi elixido “O Carballo do Bosque do Banquete” de Conxo (Santiago de Compostela) con 22.974 votos.

Este carballo coñecido como “O Avó” ten 250 anos de historia, mide 30 metros de altura e ten case 4 metros de perímetro de tronco. A súa relevancia é tal que Rosalía de Castro dedicoulle un poema.

Agora vai ser o noso representante na “Árbore Europea de 2022”.

martes, 23 de noviembre de 2021

MÁIS PRÍMULAS

Volvemos a plantar prímulas no xardín, é os encargados de facelo foron os de Ribadumia B.

Tamén coñecida como primavera, as súas follas son de textura rugosa e flores con tonalidades rosas, brancas, violetas, vermelllas… A variedade que plantamos no colexio, ten a zona central de distinta cor.

Pinchando AQUÍ podedes ver máis fotos.

lunes, 22 de noviembre de 2021

COL DECORATIVA

Os alumnos de Leiro plantaron col decorativa no xardín.

Trátase dunha planta que ten unhas follas grandes e rizadas con matices vermellos, rosas, brancos e amarelos. Tamén recibe o nome de col de xardín, repolo de adorno  ou verza ornamental.

Resiste moi ben durante o inverno ao aire libre, e incluso as súas follas soen acentuar a súa tonalidade e fanse moito máis vistosas coas xeadas.

Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

sábado, 20 de noviembre de 2021

PORROS

Para acabar de encher o noso invernadoiro, os nenos de Sisán estiveron plantando porros.

Xa temos leitugas, repolos, brócoli, coliflor e porros, e agora imos esperar a que medren para realizar a súa colleita e poder sortealas entre o noso alumnado.

Máis fotos AQUÍ.

domingo, 14 de noviembre de 2021

PLANTANDO SEMENTES DE LEITUGA E CENORIA

Na aula de estivemos lendo “Todo empieza con una semilla” de Laura Knowles (editorial Bruño).

A través deste conto, imos viaxando polas estacións e os anos para ver como unha soa semente transfórmase nunha árbore que serve de refuxio a moitos animais.

Esta lectura serviunos para iniciar unha nova actividade: 

"Plantar sementes de leituga e cenoria en pebideiros"

Primeiramente, antes de iniciala, estivemos vendo o seu tamaño… 

Os nenos estaban asombrados e pensaban que era maxia que de algo tan pequeniño puideran saír verduras e hortalizas tan grandes.


Despois plantámolas en pebideiros con moito coidado, xa que son moi diminutas.

Despois botámoslle por enriba vermiculita que nos deixou Dina (a avoa de Lía unha ex alumna do noso colexio), cando veu ao noso colexio a ensinarnos a plantar sementes. 

Con este este substrato, o que acadaremos e lograr reter a humidade e os nutrintes da planta para que esta poida asimilalos.


Agora temos que esperar a que comecen a nacer as plantiñas de leituga e cenoria…

Despois xa iremos contándovos o que faremos con elas.

martes, 9 de noviembre de 2021

ÁRBORE DO ANO 2022

Xa está aberto o periodo de votación para elixir a árbore que vai representar a España no concurso europeo.

Quero animarvos a que votedes xunto cos vosos fillos, xa que neste momento o Carballo do Bosque do Banquete de Conxo (Santiago de Compostela) é o que vai encabeza.

Aquí tedes o ENLACE para votar.

Na aula de natureza, imos ver tamén todas as árbores candidatas.

Esta votación vainos servir, máis adiante, para poñer en marcha un caderno viaxeiro que percorrera os fogares dos nosos alumnos.

PENSAMENTOS

Os alumnos de Ribadumia B estiveron plantando pensamentos no noso xardín.

Pinchando AQUÍ podedes ver máis fotos.

lunes, 8 de noviembre de 2021

MÁIS CICLAMEN

Como no viveiro no que collemos as plantas non hai moita variedade con flor para esta estación, volvemos a plantar ciclamen no xardín.

Os encargados de facelo foron os nenos da aula de Leiro.

Máis fotos neste ENLACE.

viernes, 5 de noviembre de 2021

PRÍMULAS E PEBIDAS DE CABAZA

Hoxe, venres 5 de novembro, os alumnos de Sisán plantaron prímulas no xardín.

Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

E tamén estiveron quitando as pebidas dunha cabaza que nos deu a profe Ángeles. 

Agora témolas a secar e despois gardarémolas ata preto da primavera. 
Nesta época faremos con elas pequenos alcouves, e cando medren as 
plantiñas transplantarémolas ao noso xardín.
Deste xeito, poderemos ter cabazas para o Samaín do vindeiro curso.

jueves, 4 de noviembre de 2021

VIOLAS

Laranxas, vermellas, brancas, violetas, amarelas…, queremos poñer moitas flores de cores para darlle un toque de alegría ao noso xardín.

Para seguir realizando esta tarefa, os nenos de Ribadumia A estiveron plantado violas.

Neste ENLACE tedes máis fotos.

miércoles, 3 de noviembre de 2021

domingo, 31 de octubre de 2021

BRÓCOLI

Seguimos poñendo máis verduras no noso invernadoiro. 

Esta vez, os encargados de facelo foron os nenos de Ribadumia A que plantaron brócoli.

Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

CICLAMEN

 Os alumnos de Lois, son os primeiros en comezar a plantar no noso xardín.

As flores escollidas foron os ciclamen.

Tedes máis fotos AQUÍ.

martes, 26 de octubre de 2021

MÁIS GUAYABO-FRESA

Como xa maduraron máis guayabo-fresa, os alumnos de Ribadumia B estiveron colléndoos para probalos. 

REPOLOS E LEITUGAS

Os nenos das aulas de Leiro e Ribadumia B son os primeiros en plantar no noso invernadoiro neste curso 2021-22.

As verduras que escollemos foron os repolos e as leitugas.  

LEIRO PLANTANDO REPOLOS

Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

RIBADUMIA B PLANTANDO LEITUGAS

Neste ENLACE tedes máis fotos.