martes, 30 de junio de 2015

ACTIVIDADES DA NOSA AULA DE NATUREZA


Neste outro vídeo os nosos alumnos contan, como se fora unha historia, as actividades que realizamos na nosa aula de natureza durante este curso académico 2014-15. 
Temos que dar as grazas, de novo, á mestra Rosana por axudarnos coa montaxe, música e gravación das voces dos nenos.

CONCURSO NACIONAL HORTAS ECOLÓXICAS

Presentámonos a outro concurso máis, a nivel nacional, sobre hortas ecolóxicas.  
Para participar, había que mandar un proxecto con todo o que se facía no colexio para dar a coñecer e fomentar a agricultura e alimentación ecolóxica. Como anexo incluímos este vídeo, en castelán, no que son os nenos os que explican o que realizamos nós.
Temos que dar as grazas, á mestra Rosana por axudarnos coa montaxe, música e gravación das voces dos nenos...

domingo, 28 de junio de 2015

BO VERÁN A TODOS!

Dende a aula de natureza desexamos que pasedes unhas boas vacacións de verán.
Aos nosos alumnos que inicial a Educación Primaria, queremos mandarlles unha forte aperta e desexarlles que todo lles vaia moi ben nesta nova etapa que inician. Moitos bicooos!
Aos demais alumnos… vémonos en setembro! 


miércoles, 10 de junio de 2015

2º SORTEO DAS HORTALIZAS DO NOSO INVERNADOIRO

Todos os alumnos do C.R.A de Ribadumia xa levaron, para as súas casas, unha hortaliza do noso invernadoiro.
Como o curso xa está rematando, estamos facendo un segundo sorteo das que van medrando.
Leitugas, cebolas, acelgas, patacas, cabaciñas…


martes, 9 de junio de 2015

ROLO VEXETAL PARA MERENDAR

Esta semana, os nenos das distintas aulas, están preparando un rolo vexetal coas leitugas do noso invernadoiro.
Ingredientes que utilizamos:
Rebandas de queixo e xamón cocido, que os nenos trouxeron das casas
Base de biscoito
Atún
Queixo de untar
Unha leituga
Realización:
Lavamos as follas de leituga e partímolas en anacos moi pequenos
Estendemos o queixo de untar sobre a base de biscoito
Botamos a leituga e, a continuación o atún
Cada neno pon enriba a súa rebanda de queixo e xamón cocido
Enrolamos todo e… LISTO PARA MERENDAR




Despois, na aula de natureza, escribimos o nome da receita e os ingredientes que utilizamos.

viernes, 5 de junio de 2015

SEMENTES DE CABAZA

Sandra, a mamá de Rodrigo de Ribadumia B, trouxo sementes de cabaza francesa e comentounos, que era moi brandiña e boa para baleirar e tallar.
Moitas grazas Sandra!
Rodrigo e os seus compañeiros estiveron plantándoas no xardín… 


Máis fotos neste ENLACE.

Desexamos que medren moitas para decoralas para a festa do Magosto-Samaín do vindeiro curso, facer algunha receita con elas, sacarlle as sementes para que os nenos as planten nas súas casas …