martes, 27 de mayo de 2025

MOI MAL!

No CRA de Ribadumia estamos moi enfadados e triste, xa que este fin de semana pasado houbo festas e o luns atopámonos con varias desfeitas:

- Romperon os plásticos e madeira da porta do invernadoiro

- Levantaron toda a rede que tiñamos posta por enriba do dispensador de auga. A razón de poñela foi que, xa por varias veces, o utilizaban para tirar cousas. Primeiramente colocamos un cartel para indicar que non era un contedor de lixo, pero como seguían facéndoo tivemos que poñer a rede.

- Encontramos restos de petardo polo xardín de Leiro.

- No patio de leiro, que é de area, encontrámonos con moitos cristais rotos que tivemos que recoller para que os nosos alumnos puideran saír a xogar no recreo.

Aínda que dende a aula de natureza estamos tratando de concienciar a esta xeración de nen@s do importante que é coidar o entorno e o medio ambiente, segue habendo xente que non respecta espazos comúns e rompe plásticos e madeiras deinvernadoiro que foron postos grazas á colaboración do concello e que costaron moitos cartos.

Nós estamos apesarados con estas desfeitas, xa que coidamos moito os arredores do noso colexio para mantelo limpo e bonito.

Non queremos rematar sen dar as grazas ao concello e aos seus operarios por acudir tan rápido e solucionar o problema da porta do invernadoiro e o do dispensador de auga.

POR FAVOR, AXUDÁDENOS A CONSERVAR 

E MANTER BONITO O NOSO ENTORNO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario