jueves, 27 de febrero de 2025

PLANTANDO AMORODOS, BOTANDO CORTIZA DE PINO E REGANDO

@s nen@s de Leiro, Ribadumia B e Lois e Ribadumia A estiveron plantando amorodos no xardín.






@s de Lois tamén botaron cortiza de pino ao redor dalgunhas plantas para impedir que saian moitas herbas malas e axudar a reter a humidade do chan. E regaron as plantas.











lunes, 24 de febrero de 2025

ACELGAS PARA O INVERNADOIRO

Como estamos dando moitas das verduras do invernadoiro debido a que xa están listas para a colleita, temos espazo para seguir poñendo máis. Por iso, esta semana os nenos de Leiro estiveron plantando acelgas. 


viernes, 21 de febrero de 2025

SORTEAMOS COLIFLOR E REPOLOS!!

Xa temos listos para a colleita a coliflor e os repolos. Por iso, @ nos@s alumn@s, os están levando para degustar nas casas en familia. 









viernes, 14 de febrero de 2025

DÍA DA ENERXÍA

                                                    Hoxe, 14 de febreiro de 2025, é o día da Enerxía.

En principio, parece unha palabra complicada para que @s nen@s de 3, 4 e 5 anos entendan o seu significado. Por iso, temo que tratar de darlle un enfoque lúdico.

Empezamos por dicir que a enerxía é o motor de todas as actividades. É a responsable de todos os cambios que se producen ao noso arredor: é a causante de que as plantas e árbores medren, que as maquinas funcionen ou que unha bombilla poida emitir luz. Nos xoguetes que se moven tamén a temos a través das pilas.

Despois estivemos lendo dous contos que falan sobre ela.

“Akira y el rayo verde”, que pretende que @s nen@s comecen a coñecer que é a enerxía solar (paneis solares).

¿Por qué está triste la tierra?” no que, coa axuda dun extraterrestre que se chama Pif, descubrimos unha visión algo triste do noso Planeta. E o motivo desta tristeza, é o excesivo consumo de enerxía. 

Pif daranos unhas pequenas nocións de que é a enerxía, o útil que é para nós e os múltiples usos que lle damos. E con el aprendemos a como evitar o seu desperdicio: cerrando rápido a neveira e as billas de auga quente, apagando a televisión cando non se vea e o ordenador cando non se use, utilizando a bicicleta no lugar do coche para algúns paseos, empregando a luz do sol no lugar de acender as luces…



NON MALGASTEMOS A ENERXÍA.

ENTRE TODOS PODEMOS!!

lunes, 10 de febrero de 2025

QUE RICO O BRÓCOLI E A COLIFLOR!!

Xa temos as receitas que fixeron as nosas familias co brócoli que sorteamosentre o noso alumnado e tamén coa coliflor.

Mandamos tamén as follas desta verdura, xa que tamén é moi rica.

Cocido, con ovos, con cenoria, en tortilla… QUE RICO!!

                                                          O prato de verdura que comeu Roi.




QUE COMIDAS MÁIS SAUDABLES!!

viernes, 7 de febrero de 2025

A METAMORFOSE DA EIRUGA

No mes de decembro (pouco antes das vacacións de Nadal), atopamos algunhas eirugas no noso invernadoiro que estaban comendo o repolo. 

Decidimos facer un experimento meténdoas nun terrario que temos, e poñéndolle moitas follas de repolo que xa estaban algo comidas por elas. 

Esperamos ata a volta das vacacións para ver a súa metamorfose.

Cando voltamos, atopámonos xa con algunhas bolboretas e con outras aínda na crisálida.




Unha vez que todas se transformaron, decidimos soltalas no xardín.

Para estudiar un pouco máis este proceso, vimos un precioso vídeo para nen@s no que explícannos detalladamente esta metamorfose. 

Incluso, puidemos ver como a eiruga muda a súa pel.

Despois, escribimos os nomes de cada fase pola que pasa hasta converterse en bolboreta.